ABRAZO AO RÍO

O Limia uniu a escolares de Galicia e de Portugal

Profesores e estudantes uniron as súas mans e rodearon o Limia ao seu paso por Xinzo.
photo_camera Profesores e estudantes uniron as súas mans e rodearon o Limia ao seu paso por Xinzo.
Máis de 500 estudantes dun lado e outro da Raia protagonizaron onte en Xinzo un novo “abrazo” ao río do concello limiao, e que o une coa localidade portuguesa de Ponte de Lima

No acto central da mañá, os escolares dun e outro país xuntaron as súas mans, acompañados tamén polos seus mestres, e rodearon deste xeito a ponte e pasarela que atravesan o Limia fronte o Parque do Toural de Xinzo.

Esta é a XII edición da iniciativaAbraço ao río Limia/Lima”, que nesta ocasión contou coa participación de alumnos e profesorado dos CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares pola parte galega, e do CE das Lagoas e o EB1 de Ponte de Lima polo lado portugués.

A tradición manda que se plante unha árbore á beira do río.
A tradición manda que se plante unha árbore á beira do río.

Antes dese intre, o alumnado foi recibido cunha actuación da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia, que deixou paso aos discursos das autoridades e a entrega mutua de recordos. O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, estivo acompañado por concelleiros da corporación e directores dos colexios implicados.

Dous días de actividades

Todos os alumnos desfrutaron de dous días de actividades conxuntas. O mércores visitaron os Xardíns de Allariz e máis o Centro de Interpretación de Aquis Querquennis.

Rapaces galegos e portugueses déronse a man.
Rapaces galegos e portugueses déronse a man.

Onte, tralo xantar, visitaron o Museo Galego do Entroido previo ao regreso dos estudantes lusos a Ponte de Lima, onde terá lugar o seguinte “abrazo”, este mesmo outono.

Te puede interesar