CAMPAÑA

A DO Monterrei se reivindica como “O Rei do Godello”

Imaxe da nova campaña da DO Monterrei.
photo_camera Imaxe da nova campaña da DO Monterrei.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei (CRDO) anunciou o lanzamento dunha nova campaña publicitaria, coa finalidade de pór en valor a calidade dos godellos elaborados nesta zona vitivinícol

O obxectivo desta acción é afianzar o posicionamiento da variedade godello da rexión, destacando que é un viño “da máxima calidade e aliñado coas preferencias dos novos consumidores”, os cales demandan cada vez máis os godellos da DO Monterrei.

Detrás da idea creativa e do slogan atópase o estudo coruñés “Manu Cidre”. A campaña arrancou o pasado 14 de xuño cunha acción publicitaria nas catro provincias galegas, que consistiu na pegada dun cartel enigmático co lema “Viva o rei!”

Mediante o escaneo do código QR que o acompañaba, accedíase ao anuncio publicitario, no que un mozo de Monterrei enumera todos os atributos que fan do godello “un viño que fala por si só, basta con probalo para darse de conta de que se trata ‘do Rei do Godello’”.

Difusión en medios

O CRDO ten previsto continuar con esta nova campaña na televisión, prensa, cine, paneis e outros formatos de exterior en Galicia, así como en estacións de trens e aeroportos.

Posteriormente aparecerá en medios dixitais, coa colaboración de “influencers” e xeradores de contido que visibilizarán o godello da DO Monterrei.

Te puede interesar