Chamoso Lamas, protagonista dunha mostra fotográfica

Acto de inauguración.
photo_camera Acto de inauguración.
A exposición inaugurada no IES Chamoso Lamas da a coñecer a actividade do galeguista a prol do patrimonio

”O Carballiño e O Ribeiro no obxectivo de Chamoso Lamas” é unha exposición que se inaugurou onte no IES Chamoso Lamas, promovida polo Club de Lectura deste centro educativo e polo Centro de Estudios que leva o mesmo nome do ilustre galeguista. Con esta mostra preténdese dar a coñecer a actividade a prol do patrimonio promovida por este senlleiro persoeiro, así como a súa vinculación e compromiso con estas dúas comarcas, coa súa cultura e coas súas xentes, e con motivo da celebración do 115 aniversario do seu nacemento

Esta exposición permanecerá no instituto hasta o próximo mes de setembro, en que se unirá a que xa figura no Auditorio Manuel María, da que son autores os alumnos do taller de fotografía e que leva o título de “Chamoso Lamas na mirada”, na que se presentan versións de imaxes realizadas por Manuel Chamoso Lamas, veciño de San Mamede de Moldes (Boborás)

Ao acto de inauguración de onte asistiron os alumnos do Club de Lectura, profesores, familiares de Manuel Chamoso Lamas e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Te puede interesar