Cenlle elexiu as súas pozas de Barbantes “espazo sen fume”

Área termal de Barbantes, en Cenlle.
photo_camera Área termal de Barbantes, en Cenlle.

A veciñanza de Cenlle elixiu a área termal de Barbantes como o seu “espazo libre de fume”. A iniciativa é unha proposta da Asociación Española contra o Cancro para promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo, con independencia da súa titularidade pública ou privada.
O obxectivo é xerar contornas saudables para protexer a saúde e previr enfermidades, e xurde como unha acción concreta para apoiar e complementar a estratexia actual fronte ao tabaquismo, fixando a mirada, sobre todo, na protección da saúde dos menores, segundo apunta a asociación.

O Concello de Cenlle únese a iniciativa e firma do convenio de “Espazo Sen Fume”, que busca promover unha vida libre de fume que protexa sobre todo á poboación xuvenil e así desnormalizar o hábito de fumar en espazos públicos.

O plan de actuación para seleccionar o espazo consistiu na realización dunha votación accesible a toda a poboación a través das canles dixitais da asociación e do Concello. 

A alcaldesa do Concello de Cenlle, Rebeca Sotelo; e o presidente da asociación, Germán Rodríguez-Saá, presentaron o espazo exterior coas súas respectivas sinais.

A asociación é a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 70 anos. Dedica os seus esforzos a mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e poñer en marcha un proceso de transformación social.

Te puede interesar