EVENTO BENÉFICO

Gala solidaria polo Nepal co entroideiro Frai Chitín

O mítico personaxe entroideiro verinés “Frai Chitín”.
photo_camera O mítico personaxe entroideiro verinés “Frai Chitín”.
O Auditorio de Verín acollerá o vindeiro sábado, 29 de xuño, ás 20,00 horas, a gala solidaria “O noso Entroido”

Toda a recadación doarase integramente á ONG “Hugging Nepal”, que conta cun equipo de voluntarios internacionais que axudan aos habitantes do Nepal tralo terremoto do ano 2015.

O evento benéfico contará co protagonismo de Frai Chitín, personaxe do Entroido verinés e que interpretará Miguel Ángel Prieto.

Ademais, proxectarase tamén o documental homónimo “O noso entroido”, dirixido polos verineses Miguel Prieto Sotelo “Chita”, Óscar Conde Pérez e Juan Carlos Méndez Damorín.

A película documental percorre, en clave de humor, os “puntos quentes” do Entroido ourensán cunha única misión: dilucidar cal é “o mellor entroido do mundo”, a través dunha desternillante procesión de personaxes.

Os organizadores prometen risas e diversión durante a proxección, así como moitas sorpresas ao longo de toda a gala. As entradas xa están á venda a un prezo de 5 euros na Carlín de Verín. Asimesmo, tamén hai unha “fila 0” por só 2 euros.

Te puede interesar