Inaugurada a III Escola de Verán no Carballiño

Arturo Parrado, durante a súa visita a Carballiño.
photo_camera Arturo Parrado, durante a súa visita a Carballiño.

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na inauguración da III Escola de Verán do Consello Xeral do Traballo Social. A organización estatal que agrupa aos profesionais deste sector elixiu O Carballiño para celebrar este evento, titulado “As artes para coidarte”.

Na súa intervención, o director xeral deu a benvida aos participantes e recoñeceu ao colectivo de traballadores sociais como un dos piares nos que se sustenta o labor do Goberno galego en materia de inclusión, ao ser a porta de entrada no sistema. Nese sentido, lembrou que a Xunta de Galicia reforzou os recursos humanos e materiais deste sector ante o incremento da carga de traballo nos últimos anos.

Te puede interesar