IMPUESTOS

Vilar de Barrio saca as listas para cobrar bens inmobles e lixo

Cubos de basura llenos en Ourense.
photo_camera Cubos de basura llenos.
O período de cobro destes tributos fíxase o día 15 de xullo ata o vindeiro 16 de setembro

O Concello de Vilar de Barrio aprobou as listas cobratorias correspondentes ao imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica, e taxa pola recollida do lixo do exercicio 2024. A partir da publicación do presente anuncio, ábriuse un prazo de información no cal as listas correspondentes a estes tributos estarán a disposición dos interesados na oficina do Concello durante o prazo dun mes.

O período de cobro para estes tributos fíxase desde o día 15 de xullo ata o vindeiro 16 de setembro. Todos os recibos que non estean domiciliados en contas bancarias serán enviados por correo aos domicilios dos contribuíntes para que estes poidan facelos efectivos nas oficinas bancarias indicadas nestes. No caso de non recibilos nas datas sinaladas, deberán dirixirse a “Catoure S.L.”, na rúa Noriega Varela, n.º 6 de Ourense.

Os medios de pago serán os establecidos nos artigos 33 a 41 do Regulamento xeral de recadación. Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas o mesmo, poderase formular un recurso de reposición ante o alcalde dentro do prazo de un mes, que contará desde o día seguinte ao de finalizar o período de exposición pública do padrón ou un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, sen que ambos poidan interporse simultaneamente. Unha vez transcorrido o período de pago voluntario, as débedas serán esixidas polo procedemento de constrinximento.

Te puede interesar