VINO

Valdeorras ensalza o godello cos seus premios

Valdeorras ensalza el Godello con sus premios.
photo_camera Valdeorras ensalza el Godello con sus premios.
A Denominación de Orixe Valdeorras aproveitou a XXV Cata dos Viños para reivindicar o seu romance co godello, uva da que proceden os tres brancos gañadores. O Luar do Sil foi o primeiro premio en brancos e Sampayolo Mencía, o de tintos

O Consello Regulador da Denominación de Orixe (C.R.D.O.) Valdeorras fixo entrega dos premios aos mellores caldos brancos e tintos na XXV edición da Cata dos Viños de Valdeorras.

O acto de entrega celebrouse de novo en Vilamartín de Valdeorras, máis concretamente no Complexo Hostelero Paladium, situado en Vilamartín de Valdeorras. En total participaron 21 adegas da D.O., que presentaron 53 referencias. Dese número, 30 corresponderon a viños de variedades brancas e as restantes 23, a variedades tintas.

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, interviu no evento para destacar que “actos como o de hoxe, contribúen a seguir apoiando ao sector vitivinícola, un dos motores máis importantes da provincia”.

Rodríguez quixo á vez salientar que a Cata dos Viños tamén “axuda a que adegueiros e viticultores nos xuntemos nun ambiente agradable e poidamos falar do mundo que máis nos apaixona, o do viño”.

O presidente tampouco quixo esquecer o esforzo continuado dos adegueiros e súa “loita por sacar adiante cada colleita, fruto da labor continuada dun sector cuxa máxima é sempre a búsqueda da calidade nas súas marcas”.

Premiados

Na categoría de viños brancos, os tres gañadores foron da variedade godello. No primeiro posto foi escollido o da adega O Luar do Sil. En segunda posición, o da Adega Quinta da Peza. Por último, pechou o podio o godello de Bodega Ruchel.

En canto aos tintos, os tres premios foron para mencías. Alzouse co primer premio o mencía de Bodega Sampayolo, seguido polo da Quinta da Peza e por último o de Bodega Roandi.

Ademais, o Consello Regulador concedeu un total de catro mencións especiais a viños doutras añadas, unha na categoría de brancos, e as tres restantes, na categoría de tintos.

Te puede interesar