CONCERTO

Rock na Reitoral de Riós con “Piratas sen parche”

Jose Gayoso e Éric Dopazo son “Piratas sen parche”.
photo_camera Jose Gayoso e Éric Dopazo son “Piratas sen parche”.
O espazo gastrocultural da Reitoral da Chaira, no Riós, celebrará o vindeiro martes, 25 de xuño, ás 20,30 horas, o concerto de “Piratas sen parche” que xa fora aprazado por mor da chuvia

Este proxecto de rock está liderado por Éric Dopazo, en colaboración con Jose Gayoso, Diego, P. Castro e Kinhos Saburido. Dopazo recoñece que “Gayoso e eu levamos moito tempo tocando xuntos, tanto que non sabería precisar cando lle puxemos un nome ao noso conxunto”.

Inicialmente, Dopazo destaca que botaron moito tempo “facendo versións”, ata que chegou a publicación do seu primeiro EP, “Sobrábannos ganas”, algo que destaca “supón moito esforzo”. 

Preguntado por como se definen musicalmente, o cantante responde sen dubidar: “Coma unha mestura entre a música de antes e os valores de agora”.

Te puede interesar