PATRIMONIO

A candidatura da Ribeira Sacra presentarase na Unesco en 2025

O Bambán do solpor da Ribeira Sacra.
photo_camera O Bambán do solpor da Ribeira Sacra.
O Goberno galego traballa nunha nova fase na que o equipo redactor deberá completar o expediente

A directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, mantivo un encontro con Asociacións de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra coas que compartiu os seguintes pasos da candidatura “Paisaxe da auga: Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.

Martínez Insua explicou que o Goberno galego traballa nunha nova fase na que, ao longo do ano, o equipo técnico redactor, en colaboración co Ministerio de Cultura, deberán completar o expediente desde o punto de vista formal co fin de cumprir coas directrices da operativas da Unesco.

Posteriormente, o informe será presentado no Centro de Patrimonio Mundial da Unesco en febreiro de 2025, onde será avaliado polos órganos consultivos antes da súa valoración no Consello do Patrimonio Histórico, que ten prevista a súa sesión para o segundo semestre de 2026. 

Te puede interesar